ETwinning é unha plataforma segura que nos permite contactar con centros do resto de Europa e realizar proxectos xuntos. Así, podemos falar con nenos e nenas doutros países e compartir experiencias xuntos. E, por suposto, practicamos o noso inglés!
Este ano, no CEIP Plurilingüe Os Casais, estamos a participar en 3 proxectos con diferentes países. Facendo click no nome de cada un, podedes ver o Twinspace de cada proxecto, que é onde os diferentes coles compartimos o que estamos a facer. Non deixedes de visitalos para ver as actualizacións!:
Proxecto de Educación Infantil no que interveñen coles de Turquía, Romanía e Bulgaria.
Proxecto de 1º e 2º de Educación Primaria no que interveñen coles de Turquía e Países Baixos.
Proxecto de 3ºº de Educación Primaria no que interveñen coles de Turquía e Lituania.
No comments:
Post a Comment
We love your comments! Don't forget to write your name, please.